summaryrefslogtreecommitdiff
path: root/app/src/main/play/listings/gl-ES/full-description.txt
blob: 432677e8d5d25b2c1693b82cf3b15320241a35a0 (plain)
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
AntennaPod é un xestor de podcast e reprodutor que che permite acceder a millóns de contidos gratuítos e de pagamento, desde produtores independentes a grandes empresas de contidos como BBC, NPR ou CNN. Engade, importa e exporta as súas fontes sen complicacións utilizando a base de datos de iTunes, ficheiros OPML ou URL de RSS.
Descarga, difunde ou pon e cola episodios e desfrútaos do xeito que prefiras, con velocidade de reprodución axustable, soporte de capítulos e apagado programable.
De xeito doado, aforrando batería e datos móbiles, con ferramentas potentes para a automatización das descargas (indicando horarios, intervalos e redes WiFi) e borrado de ficheiros (baseado nos favoritos e axustes temporais).

Feita por entusiastas do podcast, AntennaPod é libre en todos os sentidos da palabra: código aberto, gratuíto e sen anuncios.

<b>Importar, organizar e reproducir</b>
• Controlar a reprodución desde calquera lugar: widget na pantalla, sistema de notificacións e controis de auriculares e por bluetooth.
• Engade e importa fontes vía directorios de iTunes e gPodder.net, ficheiros OPML e ligazóns RSS ou Atom.
• Desfruta escoitando ao teu xeito, con velocidade axustable, soporte de capítulos, lembra a posición de reprodución e programa a hora de apagado (axita para restablecer, volume máis baixo)
• Acceso protexido con contrasinal para fontes e episodios

<b>Leva un rexistro, comparte e promociona</b>
• Mantén un rexistro dos mellores episodios marcándoos como favoritos
• Atopa un episodio no histórico de reprodución ou buscando por títulos e notas do episodio
• Comparte episodios e fontes a través da web social, correo electrónico, o servizo gPodder.net e exportándoos como OPML.

<b>Xestiona o sistema</b>
• Toma o control das descargas automáticas: escolle fontes, exclúe redes móbiles, redes Wifi específicas, que o móbil esté cargando ou establece horarios para a descarga
• Xestiona a almacenaxe establecendo a número de episodios gardados, borrado intelixente e escollendo a localización preferida.
• Adáptase ao teu entorno utilizando os decorados claro ou escuro
• Respalda as túas subscricións con gPodder.net e a exportación OPML

<b>Participa na comunidade AntennaPod!</b>
AntennaPod está baixo continuo desenvolvemento grazas a persoas voluntarias. Ti tamén podes contribuír, con código ou con comentarios!

No noso foro estamos encantados de poder axudarche con calquera dúbida que teñas. Convidámoste a comentar a aplicación e o podcasting en xeral.
https://forum.antennapod.org/

As traducións fanse en Transifex:
https://www.transifex.com/antennapod/antennapod