AntennaPod é un xestor de podcast e reprodutor que che permite acceder a millóns de contidos gratuítos e de pagamento, desde produtores independentes a grandes empresas de contidos como BBC, NPR ou CNN. Engade, importa e exporta as súas fontes sen complicacións utilizando a base de datos de iTunes, ficheiros OPML ou URL de RSS.
Descarga, difunde ou pon e cola episodios e desfrutaos do xeito que prefiras, con velocidade de reprodución axustable, soporte de capítulos e apagado programable.
De xeito doado, aforrando batería e datos móbiles e con ferramentas potentes para a automatización das descargas (indicando horarios, intervalos e redes WiFi) e borrado de ficheiros (baseado nos favoritos e axustes temporais).
Feita por entusiastas do podcast, AntennaPod é libre en todos os sentidos da palabra: código aberto, gratuíto e sen anuncios.
Importar, organizar e reproducir
• Controlar a reprodución desde calquera lugar: widget na pantalla, sistema de notificacións e controis de auriculares e por bluetooth.
• Engade e importa fontes vía directorios de iTunes e gPodder.net, ficheiros OPML e ligazóns RSS ou Atom.
• Desfruta escoitando ao teu xeito, con velocidade axustable, soporte de capítulos, lembra a posición de reprodución e programa a hora de apagado (axita para restablecer, volume máis baixo)
• Acceso protexido con contrasinal para fontes e episodios
Leva un rexistro, comparte e promociona
• Mantén un rexistro dos mellores episodios marcándoos como favoritos
• Atopa un episodio no histórico de reprodución ou buscando por títulos e notas do episodio
• Comparte episodios e fontes a través da web social, correo electrónico, o servizo gPodder.net e exportándoos como OPML.
Xestiona o sistema
• Toma o control das descargas automáticas: escolle fontes, exclúe redes móbiles, redes Wifi específicas, que o móbil esté cargando ou establece horarios para a descarga
• Xestiona o almacenaxe establecendo a número de episodios gardados, borrado intelixente e escollendo a localización preferida.
• Adáptase ao teu entorno utilizando os decorados claro ou escuro
• Respalda as túas subscricións con gPodder.net e a exportación OPML
Participa na comunidade AntennaPod!
AntennaPod está baixo continuo desenvolvemento grazas a voluntarios. Vostede tamén pode contribuir, con código ou con comentarios!
Podes solicitar novas características utilizando GitHub, así como informe de fallos ou contribuír ao código:
https://www.github.com/AntennaPod/AntennaPod
As traducións fanse en Transifex:
https://www.transifex.com/antennapod/antennapod