AntennaPod é un xestor de podcast e reprodutor que che permite acceder a millóns de contidos gratuítos e de pagamento, desde produtores independentes a grandes empresas de contidos como BBC, NPR ou CNN. Engade, importa e exporta as súas fontes sen complicacións utilizando a base de datos de iTunes, ficheiros OPML ou URL de RSS. Descarga, difunde ou pon e cola episodios e desfrútaos do xeito que prefiras, con velocidade de reprodución axustable, soporte de capítulos e apagado programable. De xeito doado, aforrando batería e datos móbiles, con ferramentas potentes para a automatización das descargas (indicando horarios, intervalos e redes WiFi) e borrado de ficheiros (baseado nos favoritos e axustes temporais). Feita por entusiastas do podcast, AntennaPod é libre en todos os sentidos da palabra: código aberto, gratuíto e sen anuncios. Importar, organizar e reproducir • Controlar a reprodución desde calquera lugar: widget na pantalla, sistema de notificacións e controis de auriculares e por bluetooth. • Engade e importa fontes vía directorios de iTunes e gPodder.net, ficheiros OPML e ligazóns RSS ou Atom. • Desfruta escoitando ao teu xeito, con velocidade axustable, soporte de capítulos, lembra a posición de reprodución e programa a hora de apagado (axita para restablecer, volume máis baixo) • Acceso protexido con contrasinal para fontes e episodios Leva un rexistro, comparte e promociona • Mantén un rexistro dos mellores episodios marcándoos como favoritos • Atopa un episodio no histórico de reprodución ou buscando por títulos e notas do episodio • Comparte episodios e fontes a través da web social, correo electrónico, o servizo gPodder.net e exportándoos como OPML. Xestiona o sistema • Toma o control das descargas automáticas: escolle fontes, exclúe redes móbiles, redes Wifi específicas, que o móbil esté cargando ou establece horarios para a descarga • Xestiona a almacenaxe establecendo a número de episodios gardados, borrado intelixente e escollendo a localización preferida. • Adáptase ao teu entorno utilizando os decorados claro ou escuro • Respalda as túas subscricións con gPodder.net e a exportación OPML Participa na comunidade AntennaPod! AntennaPod está baixo continuo desenvolvemento grazas a persoas voluntarias. Ti tamén podes contribuír, con código ou con comentarios! No noso foro estamos encantados de poder axudarche con calquera dúbida que teñas. Convidámoste a comentar a aplicación e o podcasting en xeral. https://forum.antennapod.org/ As traducións fanse en Transifex: https://www.transifex.com/antennapod/antennapod