AntennaPod é un xestor e repordutor de podcast que lle permite acceder a millóns de podcast gratuítos e de pago, desde emisións independentes a grandes produtores como BBC, NPR e CNN. Engadir, importar e exportar as súas fontes sen problemas utilizando a base de datos de iTunes, fiecheiros OPML o simples URLs de RSS. Aforre esforzos, consumo de batería e datos móbiles con un control total e automático das descargas de episodios (indique horarios, intervalos e redes WIFI) e eliminación de episodios (basándose nas preferencias de favoritos e retardo).
Mais o máis importante: Descargue, envíe ou poña na cola os episodios e disfrúteos do xeito en que máis lle conveña, axustando a velocidade de reprodución, xestión de capítulos e apagado automático. Poderá tamén mostrarlle aos creadores canto lle gustan os seus contidos gracias a integración con Flattr. Escrito por namorados dos podcast, AntennaPod é gratuíto e libre: open source, sen custos, sen publicidade. Características:
IMPORTAR, ORGANIZAR E REPRODUCIR
• Engada e importe fontes a través dos directorios de iTunes e gPodder.net, ficheiros OPML e RSS ou ligazóns Atom
• Xestione as opcións de reprodución desde calquer lugar: widget na pantalla de inicio, barra de notificacións e tamén desde os controis de auriculares e bluetooth
• Goce escoitando ao seu xeito coa velocidade de reprodución axustable, soporte de capítulos (MP3, VorbisComment e Podlove), recordo da posición de reprodución e apagado configurable (axitar para reiniciar, baixar volume e diminuir velocidade de reprodución)
• Acceso protexido con contrasinal a episodios e fontes
• Benefíciese das fontes paxinadas (www.podlove.org/paged-feeds) SIGA, COMPARTA E VALORE
• Garde o melloriño de cada casa marcando episodios como favoritos
• Atope ese episodio especial no historial de reprodución ou buscando (títulos e notas do episodio)
• Comparta episodios e fontes a través das opcións de redes sociais e correro electrónico, os servizos de gPodder.net e exportando a OPML
• Axude aos creadores de contido coa integración con Flattr incluíndo o flattring automático CONTROL DO SISTEMA
• Tome control sobre as descargas automáticas: escolla fontes, exclúa redes móbiles, redes WIFI concretas, requerir que o móbil esté a cargar e horarios e intervalos
• Xestione o almacenamento establecendo o volume almacenado de episodios, borrado intelixente (baseándose nos favoritos e situación de reprodución) e selecionando a localización preferida
• Utilice AntennaPod no seu idioma (EN, DE, CS, NL, NB, JA, PT, ES, SV, CA, UK, FR, KO, TR, ZH, GL)
• Adápteo a contorna utilizando o decorado claro ou oscuro
• Respalde as súas suscricións coa integración en gPodder.net e exportando a OPML Únase a comunidade AntennaPod!
AntennaPod está baixo continuo desenvolvemento grazas a voluntarios. Vostede tamén pode contribuir, con código ou con comentarios! En GitHub pode solicitar novas características, informar de erros e contribuir ao código:
https://www.github.com/AntennaPod/AntennaPod No noso Google Group pode compartir ideas, momentos favoritos dos podcast e agradecer o traballo dos voluntarios:
https://groups.google.com/forum/#!forum/antennapod Ten algunha pregunta ou quere facernos algún comentario? https://twitter.com/@AntennaPod Para axudar na tradución vaia a Transifex:
https://www.transifex.com/antennapod/antennapod Mire o noso programa Beta de Probas para ter os últimos avances:
https://www.github.com/AntennaPod/AntennaPod/wiki/Help-test-AntennaPod